De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade de 20 de xaneiro de 1998 (BOE do 11 de febreiro), para a provisión da praza de profesora titular de universidade, da área de coñecemento de teoría e historia da educación, do departamento de Teoría e Historia da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de María del Mar Lorenzo Moledo, e tendo en conta que a interesada cumpre os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Mar Lorenzo Moledo, profesora titular de universidade da área de coñecemento de teoría e historia da educación, do departamento de Teoría e Historia da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1998.
Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
9904