Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 9 de novembro de 1998 pola que se modifica a Orde do 19 de outubro de 1998, pola que se establecen medidas para o fomento de métodos de producción agrícola e gandeira compatibles coa protección do ambiente e a conservación do espacio natural.

A convocatoria de axudas para o fomento de métodos de producción agrícola e gandeira compatibles coa protección do ambiente e a conservación do espacio natural efectuouse por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 19 de outubro de 1998 (DOG do 23 de outubro).

No parágrafo 2º do artigo 37 da antedita disposición especificábase que o prazo da presentación das solicitudes remataría o 15 de novembro de 1998, prazo que é necesario prorrogar para darlles tempo abondo ós interesados para que presenten as súas solicitudes.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confiere a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o parágrafo 2º do artigo 37 da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 19 de outubro de 1998, pola que se establecen medidas para o fomento de métodos de producción agrícola e gandeira compatibles coa protección do ambiente e a conservación do espacio natural, que queda redactado do seguinte xeito:

O prazo da presentación das solicitudes finalizará o 30 de novembro de 1998.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

9731