Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de novembro de 1998 pola que se declara a alienabilidade do dereito de superficie do terreo sobre o que se construíu o campo de fútbol da Zapateira, situado na parroquia de San Vicente de Elviña, termo municipal da Coruña.

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura

(BOE nº 235, do 1 de outubro), ten a titularidade do dereito de superficie constituído sobre o terreo no que se construíu o campo de fútbol da Zapateira, situado no termo municipal da Coruña.

O Concello de Coruña solicitou da Secretaría Xeral para o Deporte a cesión das citadas instalacións do campo de fútbol da Zapateira co fin de dedicalas a actividades deportivas.

A Secretaría Xeral para o Deporte informou favorablemente a cesión solicitada, o que implica, á vista do disposto no artigo 24 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, a conformidade coa desafectación do dominio público do devandito inmoble.

Mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de novembro de 1998, desafectouse do dominio público o antedito inmoble, logo do informe favorable da Secretaría Xeral para o Deporte.

Co obxecto de posibilita-la cesión do dito inmoble, requírese a previa declaración do seu alleamento, segundo o disposto nos artigos 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da antedita lei.

En virtude do anteriormente exposto, po proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do dereito de superficie do terreo sobre o que se construíu o campo de fútbol da Zapateira, situado na parroquia de San Vicente de Elviña, termo municipal da Coruña e que se describe como segue:

Monte baixo rochoso, con algún labradío, que recibe as denominacións de Revolta, Gómez, Revolta de Maeda, Maeda, Revolta de Adentro, Castelo e Pedra das Meigas, situada na parroquia de San Vicente de Elviña, termo municipal da Coruña, dunha extensión superficial de dezaseis mil setenta e catro metros cadrados, que estrema ó norte, monte Da Revolta da Baieda e mais de José Rumbo García; ó sur, Juan Bermúdez Pan e Manuela Bermúdez Pan, muro en medio; ó leste, muro que separa do monte do Sr. Rostro, hoxe de José Rumbo García, outro de Juan Bermúdez Galán, hoxe tamén do citado Rumbo García e ó oeste, camiño público a Vilaboa, cerramento en medio.

O dito inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña, no libro 460, folio 260, predio número 35.156.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

10267