Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.325

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 303/1998, do 6 de novembro, polo que se dispón a substitución de varios membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Os artigos 3, 5 e 6 da Lei 5/1987, do 27 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia determinan, respectivamente, o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno da Universidade e dos intereses sociais nesa institución.

A Universidade de Santiago de Compostela comunicoulle a esta consellería o cesamento como membro do Consello Social de Aureliano García González-Llanos por ter cesado como xerente desa universidade e o nomeamento de Ana Consuelo Fernández Pulpeiro como xerente, así como o cesamento de Juan Carlos Villarino Tejada como membro do Consello Social que fora designado pola Xunta de Galicia.

Pola súa parte, o Parlamento de Galicia comunicou a designación de Ghaleb Jaber Ibrahim como representante dos intereses sociais de Galicia en substitución de Enrique Suárez Noche.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8, os documentos preceptivos de non ter incorrido en incompatibilidade.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e por instancia do Parlamento de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, en cumprimento do artigo 7 da Lei 5/1987, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Ana Consuelo Fernández Pulpeiro, Ghaled Jaber Ibrahim e Manuel Lucas Álvarez en representación da Xunta de Goberno desta universidade, o Parlamento e a Xunta de Galicia.

Estas persoas substitúen respectivamente, e polo mesmo concepto, a Aureliano García González-Llanos, Enrique Suárez Noche e Juan Carlos Villarino Tejada, que cesan como membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e ós que se lles agradecen os servicios prestados.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de novembro de mil novecentos noventa e oito.

P.S. (Decreto 287/1998, do 22 de outubro)

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

10413