Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.325

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 302/1998, do 6 de novembro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e na disposición transitoria primeira do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia e no que se establece que se ten que proceder á renovación por metades dos conselleiros de cada un dos grupos que integran o consello, e logo da designación polos organismos representativos dos sectores con incidencia no ámbito educativo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do seis de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1. En representación de pais de alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións de pais de alumnos, en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público: José Luis Mañana Varela (Confapa-Galicia).

2. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ó ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público: Santiago Mayo Ferreiro (ANPE Galicia).

3. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia: José M. Pose Mesura (UGT de Galicia).

4. En representación do Seminario de Estudos Galegos: Antón Costa Rico.

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1. En representación de pais de alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións

de pais de alumnos, en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público: Nuria Martínez Pigueiras (Confapa-Galicia).

2. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ó ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público: María Teresa López Prado (ANPE Galicia).

3. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia: José M. Pose Mesura (UGT de Galicia).

4. En representación do Seminario de Estudos Galegos: Antón Costa Rico.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de novembro de mil novecentos noventa e oito.

P.S. (Decreto 287/1998, do 22 de outubro)

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

10287