Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 17 de novembro de 1998 Páx. 12.327

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998 pola que se anuncia a adxudicación de dezaoito bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, convocadas por Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG número 184, do 22 de setembro).

Con base na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 4 de novembro de 1998 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de dezaoito bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 184, do 22 de setembro de 1998, e de conformidade co establecido na base sexta da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder dezaoito bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo I á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o apartado anterior será de 122.000 pesetas mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 15 de novembro e o 31 de decembro de 1998.

Terceiro.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1998.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Proxecto I: Cinematografía Galega.

Vázquez Aneiros, Aurora.

32634840W.

Proxecto II: Dimensións da Identidade Colectiva en Galicia.

Álvarez González, José Manuel.

44805577J.

Seijas Baranauskas, Ana Mª.

33295674T.

Proxecto III: Diccionarios de Literatura.

Domínguez Prieto, César Pablo.

29177943M.

Sobrino Freire, Iria.

32840104Z.

Proxecto IV: Construcción dun sintetizador texto-fala en galego.

Pérez Rey, Federico.

78797029H.

Proxecto V: Bibliografía da Literatura Galega.

Louzao Otero, Miguel.

33288640G.

Proxecto VI: Recuperación de textos poéticos e dramáticos galegos.

Beloso Gómez, Josefa.

36084589G.

Regueiro López, Natalia.

33329202V.

Proxecto VII: Diccionario da Fraseoloxía Galega.

Veiga Díaz, Mª Teresa.

33333314N.

Valiño Ferrín, Isabel.

44080192W.

Proxecto VIII: Corpus de Referencia do Galego Actual.

Ferreiro García, Susana.

44811350J.

Martínez Baleirón, Mónica María.

52930569W.

Porto Sánchez, Antonio.

32823354P.

Varela Pombo, Sonia.

79325750S.

Proxecto IX: Cantigas de Santa María vinculado ó Arquivo Galicia Medieval.

Rey Somoza, Antonio.

36083118M.

Proxecto X: Edición de documentos notariais manuscritos vinculados ó Arquivo Galicia Medieval.

Barreiro García, Mª del Carmen.

33796754W.

Pérez González, Mª del Carmen.

32631914C.

10286