Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO.

Ó abeiro do establecido no artigo 233.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, faise pública a seguinte:

Resolución con data do 19 de outubro de 1998, do Concello de Cuntis (Pontevedra), referente á convocatoria para prover catro prazas de persoal laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público de 1998.

No BOP de Pontevedra, nº 198, do 14 de outubro de 1998, publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Cuntis, para a provisión das seguintes prazas de persoal laboral fixo:

A) Denominación do posto: asistente social.

Asimilado ó grupo B.

A xornada completa.

Número de vacantes: 1.

Forma de provisión: concurso.

B) Denominación do posto: educador/a familiar.

Asimilado ó grupo B.

A tempo parcial.

Número de vacantes: 1.

Forma de provisión: concurso.

C) Denominación do posto: axente de información xuvenil.

Asimilado ó grupo B.

A tempo parcial.

Número de vacantes: 1.

Forma de provisión: concurso.

D) Denominación do posto: encargado de biblioteca.

Asimilado ó grupo C.

A tempo parcial.

Número de vacantes: 1.

Forma de provisión: concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios sobre a convocatoria das precedentes prazas publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra e no taboleiro de edictos do concello.

Cuntis, 19 de outubro de 1998.

María Josefa Viéitez Carballo

Alcaldesa accidental

9915