Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, con procedemento aberto, do proxecto de mellora da capa de rodadura en varias rúas.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Obxecto do contrato: o indicado no proxecto.

Prazo de execución: tres meses.

Forma: concurso.

Tipo de licitación: 5.782.894 ptas.

Garantía provisional: 115.658 ptas.

Garantía definitiva: 231.316 ptas.

Obtención de documentación: na secretaría xeral.

Información: chamando ó Concello da Estrada, Tfno.: 986 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: nos vinteséis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentos que hai que presentar: sobre 1:

a) Documento xustificativo da personalidade (verificada a súa suficiencia, se é o caso).

b) Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995.

c) Xustificante de ter constituída a fianza provisional.

d) Xustificante da solvencia económica conforme os artigos 16 e 17 da LCAP; non o precisan os que acrediten atoparse clasificados no grupo E, subgrupo 1, categoría a.

Sobre nº 2: oferta económica adaptada ó modelo.

Sobre nº 3: melloras ó proxecto ou realización de obras análogas ou maiores debidamente cuantificadas e especificadas. A apertura dos sobres terá lugar, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Pregos íntegros: na secretaría xeral.

A Estrada, 16 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado

9869