Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. Barbadás, Sobrado, Bentraces, no concello de Barbabás. (Expediente IN407A 98/185-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Barbadás.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV, de 207 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio derivación da L.M.T. ó C.T. Alén e final no apoio derivación da L.M.T. a Bentraces.

L.M.T. aérea a 20 kV, de 1.719 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. proxectada Sobrado-Bentraces, e final no centro de transformación de caseta existente, C.T. Barbadás. O tramo da L.M.T. comprendido entre os apoios nº 5 y 8 encóntrase executado en postes de formigón.

e) Orzamento: 5.401.690 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente

polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 8 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/185. Provincia: Ourense.

L.M.T. ó C.T. Barbadás.Termo municipal: Barbadás.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

8A FerreiraMonte baixoRamón Selas FernándezBentraces, 32890 Barbadás770

10A FerreiraViñaJosé Luis Blanco CarrilVer de Cima (Armariz), 32161 Nogueira de Ra28280

22As CuadrasMonte baixoDelfín González GonzálezC.N. 540 Bentraces, s/n, 32890 Barbadás19190

40A DevesaMonte baixoAna I. Rodríguez ÁlvarezPazos de Olas 1, 32890

A Merca

8115150

63O RodeiroMonte baixoCarlos Enríquez PérezCardenal Quevedo 27,

32003 Ourense

19190

73O RodeiroMonte baixoCarlos Enríquez PérezCardenal Quevedo 27,

32003 Ourense

40400

74O RodeiroMonte baixoCarlos Enríquez PérezCardenal Quevedo 27,

32003 Ourense

28280

85A EstesaViñaAndrés Enríquez PérezLaioso-Carballo, 32813

Verea

161990

87A EstesaMonte baixoAndrés Enríquez PérezLaioso-Carballo, 32813

Verea

20200

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/185. Provincia: Ourense.

L.M.T. Sobrado-Bentraces.Termo municipal: Barbadás.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2A FerreiraViñaEnrique Villanueva Ferror/ Carlos Maside 7, 32002 Ourense14140

9812