Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Xoane, Ponterriza, nos concellos do Carballiño e Boborás. (Expediente IN407A 98/186-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concellos do Carballiño e Boborás.

c) Finalidade: mellora-la seguirdade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV, de 690 m, en conductor LA-56, orixe no apoio existente, nº 2, da L.M.T. a C.T. de Godás do Río e final no C.T. aéreo proxectado de Ponterriza, tipo intemperie, de 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V; R.B.T. de Ponterriza, de 540 m en conductor R.Z.; R.B.T. de Xoane, de 600 m en conductor R.Z.

e) Orzamento: 6.284.442 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade públi

ca da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 8 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/186. Provincia: Ourense.

L.M.T. ó C.T. Ponterriza.Termo municipal: O Carballiño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2As LaxasMonte altoJosé Godás EstévezHnos. Prieto 6-4ºA, 32500 O Carballiño94756

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4As RegasMonte altoBelisardo González

Carballo

Ponterriza-Longoseiros,

s/n, 32534 O Carballiño

1248

6O PearMonte altoBelisario González

Carballo

Ponterriza-Longoseiros,

s/n, 32534 O Carballiño

515

7O PearPradoJosé Godás Rodríguezr/Hnos. Garate 5-1ºA, 28020 Madrid37370

8A PontePradoBelisario González

Carballo

Ponterriza-Longoseiros,

s/n, 32534 O Carballiño

990

9A PonteMonte altoBelisario González

Carballo

Ponterriza-Longoseiros,

s/n, 32534 O Carballiño

415

9810