Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declaran de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas do proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. de Prado, no concello de Muíños. (Expediente IN407A 98/56-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificaciónS na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentaron alegacións os titulares do predio nº 33 da relación de afectados, os que, por diversas razóns que constan no expediente, se opoñen á traza da liña e a que se sitúe un apoio con centro de transformación na súa propiedade. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifica ó afectado en escrito á parte e que non se transcriben na presente resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

1º) Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos e un orzamento de 9.231.317 ptas.

L.M.T. aérea a 20 kV, de 762 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 21 da L.M.T. existente Prado-Xermade e remate no C.T. aéreo proxectado en Prado, con 100 kVA e r/t 20/0,380-0,220 kV. Liña de baixa tensión aérea proxectada desde o citado C.T., de 1,5 km en conductor R.Z.

2ª) Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas

de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou partimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3º) Que o representante da Administración, en cumprimento do diposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 17 de abril de 1998, que se publicou no DOG do 24 de xuño, no BOP Ourense do 18 de maio e no xornal diario La Región do 9 de maio.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra dela poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 8 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9811