Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de outubro de 1998 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado Miguel de Cervantes de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Miguel de Cervantes de Vigo (Pontevedra) en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 11 de outubro de 1974, a autorización condicionada para dúas unidades de preescolar e por Orde do 8 de novembro de 1973, autorización condicionada para 8 unidades de educación xeral básica.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Esta consellería, á vista dos correspondentes informes e que as necesidades de escolarización na zona onde se sitúa este centro están atendidas, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Autoriza-lo cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo desta orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Código do centro: 360009950.

Concello: Vigo.

Localidade: Castañal.

Enderezo: Sanjurjo Badía, 230.

Denominación: Miguel de Cervantes.

Titular: Ángel Fernández Taboada

Autorización do cesamento de actividades do centro.

10176