Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de outubro de 1998 pola que se autoriza a inclusión da escola de música pública de Agolada (Pontevedra) no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música e de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Doutra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, establece no seu artigo 1, que corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada polo Concello de Agolada (Pontevedra) a solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música, da Escola de Música Municipal de Agolada, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-A Escola de Música Municipal de Agolada (Pontevedra), da que se sinalan os datos no anexo a esta orde, queda incluída no Rexistro de Escolas de Música.

Segundo.-A escola citada no dito anexo queda sometida ó rexime de escolas de música segundo establece a orde do 11 de marzo de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa, para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación específica: Escola de Música Municipal de Agolada.

Enderezo: Casa da Cultura.

Localidade: Agolada.

Concello: Agolada.

Provincia: Pontevedra.

10258