Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de outubro de 1998 pola que se autoriza definitivamente o centro privado de artes plásticas e deseño Silvent de Ferrol (A Coruña), para imparti-los ciclos formativos de grao superior Estilismo da indumentaria, Modelismo da indumentaria e Fotografía artística.

Examinado o expediente que presenta Consuelo Silvén Carballeda, en representación de Esart Silvent, S.L., polo que pretende a autorización dun centro privado de artes plásticas e deseño, situado en Ferrol (A Coruña), para imparti-los ciclos formativos de grao superior Estilismo da indumentaria e Modelismo da indumentaria da familia profesional de Artes Aplicadas á Indumentaria, e o ciclo formativo de grao superior Fotografía artística da familia profesional de Deseño Gráfico.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 25), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas; o Decreto 253/1995, do 29 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 11 de outubro), sobre autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas; a Orde do 5 de decembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 7 de febreiro de 1996) pola que se desenvolve o dito decreto; Real decreto 1460/1995, pola que se establece o título de técnico superior de Estilismo da indumentaria e Modelismo da indumentaria; Real decreto 1456/1995, polo que se establece o título de técnico superior de Fotografía artística; Real decreto 340/1998, do 6 de marzo (BOE do 26), no que se establece o currículum e se determina a proba de acceso ós ciclos formativos de grao superior de Artes plásticas e deseño da familia profesional de Deseño Gráfico, e o Real decreto 553/1998, do 2 de abril (BOE do 28), no que se establece o currículum que

determina a proba de acceso ós ciclos formativos de grao superior de Artes plásticas e deseño da familia profesional de Artes Aplicadas á Indumentaria.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O centro que se autoriza, segundo o establecido na disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do 29 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 11 de outubro), adscríbese para efectos administrativos á Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderazo: r/ Río Porto nº 8.

Código do centro: 150FER02.

Denominación xeñérica: Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño.

Denominación específica: Silvent.

Titular: Esart Silvent, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: Artes aplicadas á indumentaria.

-1 ciclo formativo de grao superior Estilismo da indumentaria 2 unidades 830 postos/unidade).

-1 ciclo formativo de grao superior Modelisto da indumentaria 2 unidades (30 postos/unidade).

Familia profesional: Deseño Gráfico.

-1 ciclo formativo de grao superior Fotografía artística 2 unidades (30 postos/unidade).

10132