Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 28 de outubro de 1998 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Análise Económica-Financeira das Corporacións Locais Galegas 1993.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicado no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Análise Económica-Financeira das Corporacións Locais Galegas 1993: 3.000 ptas.

10133