Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.280

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 3 de novembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 28 de setembro de 1998 (DOG nº 198 do 13 de outubro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario presten servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa

publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Apelidos e nome: Martínez-Pedrayo Valeiras, Mª Isabel.

NRP ou DNI: 34.946.092.

Grupo: A.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefe/a do Servicio de Protección do Patrimonio Cultural.

Código do posto: CUC040000115770005.

Nivel: 28A.

Dependencia: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Localidade: Santiago de Compostela.

10155