A Xerencia Xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na orde da Con
sellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG número 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:
Obxecto e orzamento:
Contratatación de: subministración de diverso mobiliario ( bancadas, cadeiras ergonómicas, cadeiras patas de aceiro inoxidable, cadeiras de brazos acompañante, cadeiras de brazos sala, mesas de noite, mesas redondas e hidroxardineiras), segundo o prego de prescricións técnicas (anexo III).
Orzamento estimado: 9.227.500 pesetas (trece millóns duascentas vintesete mil pesetas), desagregado en lotes:
Lote 1: 2.7500.000 pesetas.
Lote 2: 800.000 pesetas.
Lote 3: 1.020.000 pesetas.
Lote 4: 750.000 pesetas.
Lote 5: 666.000 pesetas.
Lote 6: 2.592.000 pesetas.
Lote 7: 469.500 pesetas.
Lote 8: 180.000 pesetas.
Prazo de execución: prazo de entrega único (antes do 29-12-1998).
Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, trámite urxente, nº 42/1998.
Admisión de variantes: admitirase a presentación de variantes.
Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo I).
Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo II).
Fianza provisional: a contía da fianza provisional é de:
Lote 1: 55.000 pesetas.
Lote 2: 16.000 pesetas.
Lote 3: 20.400 pesetas.
Lote 4: 15.000 pesetas.
Lote 5: 13.320 pesetas.
Lote 6: 51.840 pesetas.
Lote 7: 9.390 pesetas.
Lote 8: 3.6000 pesetas.
Criterios de adxudicación:
Nº de orde: 1.
Criterio de adxudicación: prezo ofertado.
Ponderación: 40%.
Nº de orde: 2.
Crietrio de adxudicación: calidade.
Ponderación: 40%.
Nº de orde: 3.
Criterio de adxudicación: prazo de entrega.
Ponderación: 20%.
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Contratación Administrativa do Hospital Provincial de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo nº 2, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Teléfono: 986 80 70 03 e fax: 986 80 70 51).
Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: 986 80 70 51 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.
Pontevedra, 30 de outubro de 1998.
Pedro Soler Bordoy
Xerente xeral do Hospital Provincial
de Pontevedra
10205