A Xerencia Xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG número 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:
Obxecto e orzamento:
Contratatación de: subministración de diversos equipamentos médicos (1 colposcopio, 1 mesa de quirófano de oftalmoloxía e 1 equipo de puvaterapia), segundo o prego de prescricións técnicas (anexo III).
Orzamento estimado: 6.300.000 pesetas (seis millóns trescentas mil pesetas), desagregado en lotes:
Lote 1: 1.000.000 de pesetas.
Lote 2: 1.800.000 pesetas.
Lote 3: 3.500.000 pesetas.
Prazo de execución: prazo de entrega único (antes do 20-12-1998).
Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, trámite urxente, nº 41/1998.
Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo I).
Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo II).
Fianza provisional: a contía da fianza provisional é de:
Lote 1: 20.000 pesetas.
Lote 2: 36.000 pesetas.
Lote 3: 70.000 pesetas.
Criterios de adxudicación:
Nº de orde: 1.
Criterio de adxudicación: prezo ofertado.
Ponderación: 40%.
Nº de orde: 2.
Crietrio de adxudicación: calidade.
Ponderación: 40%.
Nº de orde: 3.
Criterio de adxudicación: prazo de entrega.
Ponderación: 20%.
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Contratación Administrativa do Hospital Provincial de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo nº 2, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Teléfono: 986 80 70 03 e fax: 986 80 70 51).
Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: 986 80 70 51 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.
Pontevedra, 30 de outubro de 1998.
Pedro Soler Bordoy
Xerente xeral do Hospital Provincial
de Pontevedra
10202