Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998, da Xerencia Xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público 40/1998, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de diversos equipos médicos para este hospital.

A Xerencia Xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na orde da Con

sellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: contratación de subministración de diversos equipos médicos (1 equipo de anestesia, 1 monitor ECG......, 4 bisturíes eléctricos, 2 monitores captnógrafo e gases haloxenados), segundo o prego de prescricións técnicas (anexo III).

Orzamento: 10.500.000 ptas. (dez millóns cincocentas mil pesetas), desagregado en lotes.

Lote 1: 3.000.000 de ptas.

Lote 2: 1.500.000 ptas.

Lote 3: 3.400.000 ptas.

Lote 4: 2.600.000 ptas.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato, trinta días.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, trámite urxente, nº 40/1998.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo I).

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo II).

Fianza provisional: a contía da fianza provisional é de:

Lote 1: 60.000 ptas.

Lote 2: 30.000 ptas.

Lote 3: 68.000 ptas.

Lote 4: 52.000 ptas.

Criterios de adxudicación:

Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1Prezo ofertado40%

2Calidade40%

3Prazo de entrega20%

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Contratación Admva. do Hospital Provincial de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo, nº 2, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno.: 986 80 70 03 e fax: 986 80 70 51).

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 986 80 70 51 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 30 de outubro de 1998.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Hospital Provincial

de Pontevedra

10196