Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998 pola que se renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio G.O.C., S.A., con domicilio en barrio Xapón, 2. Chapela. 36800 Redondela (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/ 1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral resolveu:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a G.O.C., S.A., con domicilio en barrio Xapón, 2. Chapela. 36800 Redondela (Pontevedra) na área de:

HF, área de control de formigón en fresco, co número 15037HF92.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependiente do laboratorio G.O.C., S.A. inscrito co número 15052HA95.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

9859