Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998 pola que se renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio G.O.C., S.A., con domicilio na rúa Río Bibei, 14 baixo. 32001 Ourense.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións

reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral resolveu:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a G.O.C., S.A., con

domicilio na rúa Bibei, 14 baixo. 32001 Ourense nas áreas de:

HA, área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, granulados, auga, aceiro para armaduras, adición e aditivos co número 15052HA95.

SE, área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15008SE91.

ST, área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos co número 15009ST91.

SV, área de solos, granulados, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en vías co número 15010SV91.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

9234