Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción da normativa vixente en materia de pesca fluvial 207/97P e devolto polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, a resolución do correspondente expediente sancionador acordada polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de pesca fluvial 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto).

O importe da sanción que, en cada caso corresponda, farase efectivo na conta 0388903110001181

de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da presente notificación, agás a presentación do recurso pertinente. En caso contrario, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Faise constar que para obter ou renova-la licencia de pesca, será requisito imprescindible acreditar ter aboada a multa que corresponda, unha vez sexa firme a resolución.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 19 de outubro de 1998.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Exp.Nome e apelidos

do denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

imposta

207/97PJulio Rodríguez PérezMoimenta, CelanovaNon respectar prescriciónsArt. 33.9º.1 da Lei de pesca fluvial25.000 ptas.

9233