Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de caza devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (88/97C e dous máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de caza 1/1970, do 4 de abril (BOE do 6 de abril), e do seu regulamento, Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo).

O importe da sanción que, en cada caso corresponda, farase efectivo na conta 0388903110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, agás a presentación do recurso pertinente. En caso contrario procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Cómpre salientar que para obter ou renova-la licencia de caza, será requisito imprescindible acre

ditar ter aboada a multa que corresponda, unha vez sexa firme a resolución.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 19 de outubro de 1998.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Exp.Nome e apelidos

do denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

imposta

88/97COscar Rubén Álvarez Dovalr/ Bedoya, 24-26, 5º, OurenseCazar sen licenciaArt. 48.2º.1 da Lei de caza3.500 ptas.

109/97CJosé González Lamelasr/ dos Remedios, 46, baixo, OurenseCazar sen seguroArt. 48.3º.53 da Lei de caza2.000 ptas.

129/97Manuel Botana BelloCacheiras, Rajo 113, Teo, A CoruñaCazar sen licenciaArt. 58.2º. da Lei de caza100.001 ptas.

9853