Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998 relativa á adxudicación do concurso, por procedemento aberto, para a elaboración do sistema de identificación e redacción do manual de identidade institucional do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de consultoría e asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 9/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de consultoría e asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: concurso, por procedemento aberto, para a elaboración do sistema de identificación e redacción do manual de identidade institucional do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 163, do 24 de agosto de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.500.000 pesetas, incluído o IVE.

5. Adxudicación.

a) Data: 26 de outubro de 1998.

b) Contratista: Planos-Gallega de Publicidad & Diseño, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 2.490.000 pesetas, incluído o IVE.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1998.

Celso Delgado Arce

Presidente do Parlamento de Galicia en funcións

10200