Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de outubro de 1998 pola que se declara extinguida a concesión dunha cetaria sita en Ollo Longo e Corbeira, Rinlo-Ribadeo (Lugo), outorgada a Cultivos Marinos, S.A. (Cultimar).

Visto o expediente iniciado a Cultivos Marinos, S.A. (Cultimar) na súa condición de titular da cetaria sita en Ollo Longo e Corbeira, Rinlo-Ribadeo (Lugo).

Resultando que con data do 4-12-1996 a Delegación Territorial de Lugo acordou a incoación do expediente de caducidade á citada concesión pola causa 72 a) «cesamento da actividade de cultivo por un período superior ós dous anos, agás causa xustificada», recollida na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Resultando que o citado acordo de incoación de expediente de caducidade foi remitido ós interesados con data do 10-12-1996 para que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido.

Resultando que as alegacións formuladas non desvirtúan a causa de caducidade recollida no artigo 72 a) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Considerando que o expediente foi tramitado conforme a dereito.

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, Lei 30 /1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Real decreto1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente, no exercicio das súas atribucións e competencias,

RESOLVE:

Declara-la caducidade da concesión administrativa que a continuación se relaciona, outorgada a Cultivos Marinos, S.A. (Cultimar), por atoparse a cetaria en situación de semirruína e total abandono, incorrendo en causa de caducidade prevista nos artigos 56.3º e 72.a da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio):

Tipo de establecemento: cetaria.

Especies autorizadas: lagosta, lumbrigante, centola, nécora, boi e nécora francesa ou conguito.

Localización: Ollo Longo e Corbeira, Rinlo, distrito marítimo de Ribadeo (Lugo).

Superficie:

Cetaria A. Ollo Longo: 550 m.

Cetaria B. Corbeira: 400 m.

A cetaria B, Corbeira, está dividida en 16 piscinas de 9,00 x 2,50, 360 m de estabulación, segundo os anexos.

Data de concesión: orde ministerial do 11-6-1952 (BOE nº 193).

Cambio de dominio: Orde do 21-10-1991 (DOG nº 227, do 22 de novembro).

Vixencia: 20-9-2001.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1998.

P.D. (17-12-1997, DOG nº 246, do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

9818