Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los siguientes contratos:

Obxecto: adquisición de 28,5 millóns de unidades de semente de ameixa fina (Tapes Decussata) en 3 lotes de 9,5 millóns de unidades/lote.

Procedemento de contratación: aberto por concurso. Trámite de urxencia.

Adxudicatario:

Lotes 1 e 2:

Empresa adxudicataria: A Ostreira, S.L.

Importe de licitación: 22.800.000 pesetas.

Importe de adxudicación: 22.800.000 pesetas.

Lote 3:

Empresa adxudicataria: Comercial Tinamenor, S.L.

Importe de licitación: 11.400.000 pesetas.

Importe de adxudicación: 10.165.000 pesetas.

Obxecto: adquisición dun sistema de cuantificación de sales nutrientes para o centro de control da calidade do medio mariño en Vilaxoán.

Procedemento de contratación: negociado sen publicidade.

Adxudicatario:

Empresa adxudicataria: Bran+Luebre, S.L.

Importe de licitación: 5.680.000 pesetas.

Importe de adxudicación: 5.680.000 pesetas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

9935