Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.243

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (126/1998).

En Santiago de Compostela o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e oito, eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que con data do 7 de xullo de 1998 se dictou sentencia no xuízo de faltas 126/1998, seguido por agresión, no que foron parte Mª José da Sousa Soares, denunciante, e como denunciado Manuel Leal Couto, na que a parte dispositiva di o seguinte: «...que debo absolver e absolvo a Manuel Leal Couto dos feitos xulgados con declaración de oficio das custas. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lles sirva de notificación en forma a María José da Sousa Soares e a Manuel Leal Couto, expido esta cédula en Santiago de Compostela o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

10124