Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación do concurso para a contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros de predoutoramento da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: seguro de asistencia médica.

b) Descrición do obxecto: contratación dunha póliza para cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros de predoutoramento da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento).

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 12 de xuño de 1998, nº 112.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.201.420 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data do 11 de setembro de 1998.

b) Adxudicatario: empresa Sanitas, S.A.

c) Importe: 6.854.400 ptas.

Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administraciones públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1998.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

9932