Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, en concurso por procedemento aberto, da subministración e instalación de equipamento para o Teatro Pastor Díaz.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a subministración e instalación de equipamento para o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, consonte as pres

cricións técnicas incluídas no proxecto de rehabilitación do Teatro Pastor Díaz.

O licitador non está vinculado polas marcas comerciais das unidades a subministrar que constan no proxecto, podendo propor outras de calidade e características substancialmente idénticas.

Tipo de licitación: o orzamento do contrato, que servirá de base de licitación, ascende a un total de vintesete millóns cento corenta e oito mil cento sesenta pesetas (27.148.160 ptas.), IVE incluído.

Cumprimento do contrato: as diferentes unidades do equipamento entregaranse e instalaranse no prazo de dous meses, contados desde a subscrición do contrato administrativo.

Pagamento do prezo de adxudicación da subministración: o pagamento do prezo do remate efectuarase contra acordo aprobatorio da certificación da instalación das diferentes unidades de equipamento, dentro dos dous meses seguintes á expedición daquela.

Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, Negociado de Obras e Urbanismo.

Garantía definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

Presentación de proposicións: durante os 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no derradeiro dos boletíns oficiais (BOP e DOG). No caso de que o día vixésimo sexto coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata o día laborable seguinte.

Modelo de proposición: o recollido na cláusula VII do prego de condicións económico-administrativas.

Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario.

Viveiro, 24 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10150