Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución do lote das obras de saneamento en Aralde e saneamento en Chapeau e A Pena.

2. Prazo do contrato: tres meses.

3. Prezo do contrato: 16.000.000 de ptas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 320.000 ptas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios nos BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Tamén poderán presentarse en forma prevista no parágrafo 2 da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 19 de outubro de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

9727