Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución do lote das obras de pavimentación camiños en Bamio; pavimentación de Trabanca Sardiñeira; mellora rodadura rúa do Río e travesía (A Torre); mellora firme Concepción Arenal; mellora capa rodadura en Ande; acondicionamento da Praza Zamar e mellora capa rodadura; pavimentación Camiño As Bocas-Cornazo de Abaixo; pavimentación Camiño da Barquela; pavimentación Camiño da Coca; pavimentación Camiño As Laxes-Maceiras; mellora capa rodadura na Lagoa; mellora capa rodadura en Feal e Capela-Santo Antonio urbanización; mellora capa rodadura camiños en Galáns; mellora capa rodadura contorna pisicina municipal-Xesteira e rúa Fonte-Figueirido; mellora capa rodadura rúa Veiga do Mar e travesías e mellora capa rodadura Camiño Regueira e paso Camiño Real.

2. Prazo do contrato: tres meses.

3. Prezo do contrato: 38.200.000 ptas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 764.000 ptas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no páragrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 19 de outubro de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

9739