Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle da 1ª Travesía de Vigo. (Expediente 4874/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 2 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle do soar sito na 1ª travesía da rúa Travesía de Vigo, formulado por Promociones Chamadoira, S.L. e redactado polo arquitecto Carlos Ardid Posada, visado polo COAG con datas do 9 de xuño, 24 de xullo e 10 de setembro de 1998. Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que o trámite de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde o derradeiro.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Vigo, 26 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

9738