Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, de diversas obras de remanentes do POL e PPC 1998.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, das seguintes obras:

1. Alargamento e mellora E.P. Morillas-Moimenta (Campolameiro); PO-3601: 10.000.000.

2. Alargamento e mellora E.P. Caldas-S. Clemente (Caldas), PO-3001: 10.000.000.

3. Mellora E.P. Celeiros-Oliveira (Pontareas), PO-9005: 12.545.000.

4. Alargamento e mellora E.P. Callobre-Ponte Ledesma (Silleda-Cruces): 13.491.418.

Fianzas:

Provisional do 2% do tipo de licitación.

Definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno.: 986 80 41 01.

Pontevedra, 5 de novembro de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

10151