Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de outubro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0006422/1998, interposto pola Comunidade de Montes en Man Común de Belesar.

Con data do 15 de outubro de 1998 o presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia do día 6 de outubro de 1998, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 02/0006422/1998 interposto pola Comunidade de Montes en Man Común de Belesar contra acordo do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común do 27-5-1998, sobre desestimación de solicitude de clasificación como veciñal en man común do monte Urgal, da parroquia de Belesar, concello de Baiona.

De conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, esta presidencia acordou a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencio

so-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Pontevedra, 19 de outubro de 1998.

José Luís Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra

10172