Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de asistencia técnica para a redacción dos plans de utilización dos espacios portuarios de diversos portos competencia do ente público Portos de Galicia.

O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-lo seguinte traballo:

Asistencia técnica para a redacción dos plans de utilización dos espacios portuarios de diversos portos competencia do ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: redacción dos plans de utilización dos espacios portuarios de diversos portos competencia do ente público Portos de Galicia.

c) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do día 1 de xullo de 1998, corrección de erros publicada no DOG do 20 de xullo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 23.200.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 7-9-1998.

b) Contratista: Consulting e Ingeniería Internacional, S.A. (CIISA).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 19.463.640 pesetas.

6. Outras informacións: en cumprimento do disposto no artigo 58 da vixente Lei 30/1992, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia

9797