Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Empresarial de Transporte de Viajeros en Autocar de Galicia (Transgacar).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Federación Empresarial de Transporte de Viajeros en Autocar de Galicia (Transgacar) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da dita federación as asociacións de empresarios os socios das cales se dediquen a actividades relacionadas co transporte de viaxeiros por estrada.

Así mesmo, poderán ser membros da federación aquelas persoas físicas ou xurídicas que se dediquen ó servicio público de transporte de viaxeiros e que teñan toda ou parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando non haxa na provincia onde teñan ó seu domicilio social, unha asociación de empresarios do sector que forme parte desta federación.

Asinan a acta de constitución: o presidente da Asociación de Empresarios de Servicios Regulares de Viajeros de Lugo, e presidente da federación, Luis Abeledo Fernández, e os presidentes da Asociación Provincial de Empresarios de Transportes de Viajeros en Autocar da provincia da Coruña, Pontevedra e Ourense.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

9847