Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo da disolución da Asociación Empresarial Gallega de Transportes de Viajeros en Autocar.

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédase a comunicar que:

No correspondente Servicio desta Dirección Xeral de Relacións Laborais foi depositada, o día 28 de setembro de 1998, certificación do secretario da Asociación Empresarial Gallega de Transportes de Viajeros en Autocar José Carlos García Cumplido, co visto e prace do seu presidente, na que se fai consta-lo acordo acadado por unanimidade na asamblea xeral celebrada en Santiago o día 15 de xuño de 1998, e que consiste na disolución da devandita asociación.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

9848