Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da Confederación Intersindical Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da Confederación Intersindical Galega que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autómoma de Galicia.

Profesional: poderán estar afiliados na federación tódolos traballadores e traballadoras que presten os seus servicios por conta allea nas empresas de: banca pública, banca privada, caixas de aforro, caixas rurais, cooperativas de crédito, entidades de financiamento e de alugamento financeiro, seguros e reaseguros, bolsa, sociedades de valores e similares, oficinas e despachos en xeral como notarías, rexistros, corredores de comercio, servicios xurídicos, colexios profesionais, xestorías administrativas, auditorías, asesorías fiscais, axencias inmobiliarias, axencias de publicidade, oficinas de selección e colocación de persoal, oficinas técnicas de arquitectura ou enxeñería e outras entidades de natureza similar.

Asinan a acta de constitución do II Congreso Nacional da CIG-Banca, Aforro, Seguros e Oficinas os membros da mesa, composta por Xaime Costas Fernández, presidente, e catro persoas máis, en calidade de moderadores e secretarios de actas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

9849