Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/325-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Boiro-Esteiro.

Situación: Boiro.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-110 de 264 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 24 da liña Boiro-Cabo de Cruz (expediente 27238) e remata no apoio nº 2 da liña que alimenta C.T. Boliña (expediente 51505). De 426 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea Boliña tramo I e remata na liña subterránea Boliña tramo II. Liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al. De 430 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 2 da lña Boliña tramo I e remata no apoio nº 1 de liña Boliña tramo II. De 440 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da liña Boliña tramo II e remata na liña aérea Boiro-Cabo de Cruz. De 1.470 m de lonxitude, con orixe na liña aérea Boiro-Cabo de Cruz e remata en Paquito, S.L. Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9752