Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Maderas Manuel Villamor, S.L. no concello de Lugo. (Expediente 4939 A.T.).

Visto o escrito presentado pola empresa Maderas Manuel Villamor, S.L., con domicilio para efectos de notificacións na estrada da Coruña, nº 506, 27004 Lugo esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data de 17 de decembro de 1997, a planta de coxeración de enerxía eléctrica prevista pola empresa Maderas Manuel Villamor, S.L. foi incluída no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, dictada en desenvolvemento da Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía.

Segundo.-O día 6 de novembro de 1997, a citada empresa, titular dun serradoiro de madeira, solicitou a autorización administrativa para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa planta do concello de Lugo. Acompaña a dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Catro grupos motor-xerador de 1.250 kW c/u, utilizando como combustible gasóleo.

-Catro transformadores r/t 0,38/20 kV de 1.600 kVA c/u.

-Instalacións complementarias de almacenamento de combustible, aproveitamento de calor, de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

Terceiro.- De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo dictou Resolución do 5 de marzo de 1998 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 3 de abril e no BOP de Lugo do 26 de marzo, sen que se presentase no período legalmente establecido para isto alegación ningunha.

Cuarto.-Da solicitude obxecto deste expediente emitiu informe favorable a Delegación Provincial de Lugo.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamen

to no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Maderas Manuel Villamor, S.L., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Lugo (Lugo).

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art. 11 do R.d. 2366/1994, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9674