Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.200

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (136/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 136/1997 se segue xuízo del faltas sobre lesións no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 1 de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas número 136/1997, seguidos por agresión, sendo parte denunciante José Antonio Pose Sanjurjo, maior de idade, aparece como parte denunciada - ver pdf -, maior de idade, coa defensa letrada de Reyes Álvarez Mazariego; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que, debo condenar e condeno a - ver pdf -, como autora responsable dunha falta de agresión do artigo 617 do Código Penal, á pena de multa dun mes, a razón de 500 ptas./día, con arresto substitutorio dun día de privación da liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en arrestos de fin de semana; así mesmo, corresponde fixar a favor de José Antonio Pose Sanjurjo unha indemnización de 15.000 ptas.; así mesmo deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma ó denunciante, José Antonio Pose Sanjurjo, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

10148