Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.200

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (112/1995).

Eu, Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta vila e o seu partido, fago saber que no xuízo de faltas 112/1995 deste xulgado se dictou sentencia, da que o encabezamento e parte dispositiva din así:

«En Padrón o 25 de marzo de 1996.

Vistos estes autos de xuízo de faltas 112/1995 seguidos pola falta de lesións en agresión, con intervención do Ministerio Fiscal exercendo a acción pública e como denunciante Consuelo García Vilas; non compareceu a denunciada Pilar Gómez malia estar citada por tres edictos.

Recae esta resolución conforme os seguintes, decido que debo absolver e absolvo a Pilar Gómez, declarando de oficio as custas procesuais.

Esta resolución é apelable en ámbolos efectos para ante a Audiencia Provincial da Coruña, podéndose interpor o recurso dentro dos cinco días seguintes ó da notificación, por medio de escrito debidamente fundamentado.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A dita sentencia non é firme e poderá interporse contra ela recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación.

E para a súa publicación e para que lle sirva de notificación a Pilar Gómez, denunciada no xuízo de faltas arriba mencionado.

Dado en Padrón o dezanove de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

9774