Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.159

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos cambios na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia nº 194, do 8-10-1997, publicouse a acta de constitución e mailo Regulamento de funcionamento da Comisión Paritaria

Territorial de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

O 9-10-1998 tivo entrada nesta dirección xeral escrito do secretario da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia, no que se comunican os cambios que houbo na composición dos membros da referida comisión paritaria territorial.

Así mesmo, e na aplicación da substitución dos membros da comisión prevista no artigo 4, así como da rotación dos cargos recollida no artigo 8 do citado regulamento, e en virtude do disposto no artigo 83.3º en relación co 90, números 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, e de acordo co sinalado no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito e rexistro das modificacións que houbo na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia, e remitir copias destas á Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Cambios na composición da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia:

1. En representación da Confederación Intersindical Galega:

-Cesa como vocal titular Serafín Otero Fernández, e como vocal suplente Daniel Bernárdez Cancelas.

-Noméase vocal titular a Daniel Bernárdez Cancelas, e como vocal suplente a Serafín Otero Fernández.

2. En representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia:

-Cesa como vocal titular José Benito Núñez López, e como vocal suplente Manuel Golpe Gómez.

-Noméase vocal titular a José Tomé Roca, e vocal suplente a Rosa Arcos Caamaño.

Igualmente, e na aplicación da rotación dos cargos previstos no artigo 8 do Regulamento de funcionamento da Comisión Paritaria Territorial de Formación Continua de Galicia, a súa composición queda definida do seguinte modo:

Presidente: Daniel Bernárdez Cancelas

Secretario: Fausto Santamarina Fernández

Vocais titulares:

Eusebio Justo Santos

José Tomé Roca

Rafael Sánchez Sostre

José María López Bourio

Juan José Molinos Casal

9831