Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.160

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da certificación da asemblea xeral extraordinaria de modificación dos estatutos da Asociación Provincial de Asesorías de Empresa (Aproasem) e así mesmo dos novos estatutos.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 9/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron despositados a certificación da asemblea xeral extraordiaria de modificación dos estatutos da Asociación Provincial de Asesores de Empresa (Aproasem) e así mesmo os novos estatutos, que abarca os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: empresarios asesorías empresas.

Asinan a acta de constitución: Camilo Castro Silva e outros.

Os novos estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 16 de outubro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

10173