Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.128

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (133/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, dou fe de que neste xulgado, en orde penal número 133/1996, dimanante do sumario número 2/1991, da sección 2ª da Audiencia Provincial da Coruña, e por delegación desta, dictouse unha resolución, da que o teor literal é o seguinte:

Providencia maxistrada-xuíza, Collazo Lugo.

Santiago de Compostela, vintedous de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Según o acordado en acta de poxa celebrada neste xulgado o pasado día 30 de xuño, e de conformidade co establecido no artigo 1506 LAC, fágase saber ós executados que no dito acto se ofreceron polos bens que saíron á poxa, e pola representación da parte prexudicada, as seguintes cantidades:

-Polo primeiro lote: 500.000 ptas.

-Polo segundo lote: 10.000 ptas.

-Polo terceiro lote: 50.000 ptas.

-Polo cuarto lote: 500 ptas.

-Polo quinto lote: 15.000 ptas.

Consideradas como mellor oferta, e para que dentro dos nove días seguintes á notificación poidan pagar librando os bens, ou presentar persoa que mellore a oferta, ou paga-la cantidade ofrecida polo ofertante

para que se deixe sen efecto o remate, obrigándose a paga-lo resto das cantidades debidas.

Mándao e asínao S.Sª, do que dou fe.

E para que conste e sirva de notificación en legal forma ós executados Andrés Moure Gil e Andrés Moure Míguez, con anterior domicilio en Santa María de César-Sigüeiro-Santiago de Compostela, e actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que no termo de nove días comparezan ante este xulgado a exerceren os seus dereitos; expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

9871