Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.128

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (70/1998-10).

Eu, Francisco Javier Miguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 70/1998-10 por instancia de Rosa López Veloso contra José Luis Amado Iglesias, nas actuacións do cal se dictou sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia: no nome de El Rei.

En Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1998, Franciso Javier Miguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta didade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 70/1998 no que actuaron como partes, como denunciantes Rosa López Veloso e como denunciado José Luis Amado Iglesias.

Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo condenar e condeno a José Luis Amado Iglesias como autor responsable dunha falta do artigo 621-3 do Código penal á pena de 30 días multa cunha cota diaria de 200 pesetas, e á privación do permiso de conducir polo tempo de 5 meses. E a que indemnice a Rosa López Veloso na cantidade total de 172.236 pesetas.

Desta última cantidade responderá solidariamente o consorcio de compensación de seguros.

A pena de multa deberá facerlle efectiva o denunciado cando sexa requido para isto, e , de non facela efectiva, deberá cumprila pena privativa de libertade prevista na Lei nun centro penitenciario.

As custas procesuais impóñense ó condenado.

Unha vez firme a presente resolución, fórmese a testemuña a que fai referencia a acta do xuízo.

Contra esta sentencia poderán interpo-los interesados recuso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse, as razón da indefensión, Así mesmo deberá acreditarse ter pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se tivesen cometido no momento en que fose sa impo

sible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puidera propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuña literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a José Luis Amado Iglesias expido e asino o presente edicto en Santiago o dezanove de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

9735