Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de outubro de 1998, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se fai público o extravío do xustificante do depósito 495/1995, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante do depósito nº 495/1995, constituído o día 2 de xuño de 1996 en Ourense, por medio de aval bancario, polo importe de 380.000 ptas. e que garante a Diagrama Ingeniería, S.L., CIF B-32129504.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na rúa Progreso, 38, entreplanta.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

Ourense, 23 de outubro de 1998.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

10127