Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.118

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza ó centro privado San Roque de Vigo, a transformación dunha unidade de formación profesional de primeiro grao nun ciclo formativo de grao medio.

Examinada a solicitude formulada polo titular do centro privado San Roque de Vigo, que solicita a transformación dunha unidade de formación profesional de primeiro grao nun ciclo formativo de grao medio.

Vistos o Real decreto 1004/1991, de 14 de xuño, (BOE do 26), Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28), Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), Orde do 7 de xaneiro de 1997 (DOG do 21), pola que se regula a adecuación das autorizacións dos centros privados de formación profesional de primeiro grao autorizados ou con clasificación definitiva e mailas dos centros de formación profesional de segundo grao homologados para implanta-los ciclos formativos de grao medio.

Considerando que a mencionada solicitude se axusta á lexislación vixente.

Esta dirección xeral, en virtude do establecido na disposición final primeira da referida Orde do 7 de xaneiro de 1997

RESOLVE:

Autoriza-la transformación dunha unidade de formación profesional de primeiro grao ó centro que no anexo se relaciona.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Localidade: Vigo.

Centro: San Roque.

-1 unidade de FP1 da rama: Artes Gráficas; Profesión: Composición. Transfórmase en: 1 ciclo formativo de grao medio «Impresión en Artes Gráficas» da familia profesional de artes gráficas.

10257