Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.117

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de outubro de 1998 pola que se conceden subvencións a escolas de música privadas.

A Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 8 de setembro) establece subvencións para escolas de música de titularidade privada e regula o procedemento para a súa concesión.

Valoradas as solicitudes e elevada proposta de concesión das ditas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música privadas que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes de subvención presentadas polas escolas que se relacionan no anexo II polas causas que se indican.

Terceiro.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo primeiro da Orde do 21 de xullo de 1998, pola que se establecen as axudas e o procedemento para a súa concesión fixando novo prazo para a xustificación total da axuda ata o día 30 de novembro de 1998.

Cuarto.-Contra esta orde poderán os interesados interpor recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1998.

Celso Curras Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación da escola

Contía da subvención

concedica/ptas.

Antas de Ulla273.000

Allegro273.000

Atlántida de Matamá471.000

Beade471.000

Bieito Blanco471.000

Calo-Teo471.000

Coppelia471.000

Estudio571.000

Guláns371.000

Lalín471.000

Presto Vivace571.000

O Rosal471.000

Samos273.000

Visantoña371.000

ANEXO II

Denominación da escolaDenegación da subvención/causa

ChantadaNon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)

CoruxoNon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)

Mezquita, ANon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)

SilledaNon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)

SplemnisNon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)

VinciosNon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria

9807