Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante concurso, das obras de reforma e ampliación do pavillón polideportivo de Beiro (Valga).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra por importe de 41.378.990 pesetas.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial; grupo C, categoría d.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do plazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 29 de outubro de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

10102